25/06/2008

ÚLTIMA CEIA (AGORA SIM)

Confirmado: a CEIA CUFIÍSTA de despedida será na sexta-feira (veeeenres!) 4 de Julho por volta das 22 h. no Mesón "O Recanto", sito na arquiconhecida rua Juan Canalejo da Corunha.

O procedimento é o de costume: por favor, confirmai a vossa assistência mandando um correio a cilhamodia@hotmail.com ou a clourenzo@udc.es
E, desta vez, nada de desculpinhas para nom vir, eh?

*Por certo, alguém que fazer o "discurso de clausura"??? (nom, Pablo nom!!!).

19/06/2008

CEA FIM-DE-CURSO

Agora sim: POR FIM ACABAMOS OS CURSOS!!! E isto, evidentemente, há que celebrá-lo!!! Portanto, que vos parece se, a falta de iniciativas mais atrevidas, imos cear juntos de novo?

Consultados algunhs cufiístas a este respeito, falou-se dum restaurante japonês-chinês-vietnamita (ou algo semelhante) do que, como sempre, nom nos lembramos do nome e que está no Passeio Marítimo (perto do "Playa Club").

A data: que pensades da primeira sexta-feira (venres) do mês de Julho? Com sempre, podedes mandar os vossos comentários através deste blogue...

Estaremos em contacto!!

17/06/2008

APOIO CUFIISTA FUENTEOVEJUNO ou NA BÚSQUEDA DA ESTABILIZACIÓN PERDIDA (Título en injlés)


Rapaces, toda loita ten un prezo e o colectivo Parga Pondal precisa do voso a poio o día 20 venres na Facultade de Dereito da UDC. Nin que dicir ten que estades convidados á barra libre de "coffees" e "croissants" (os cruasáns de toda a vida) coma colectivo predilecto e VIP.
A estabilización das figuras contractuais na Universidade pasa por presionar á administración con este tipo de xuntanzas-coloquio.

Contamos con vós de 10-12 da mañá no salón de actos da Facultade de Dereito.

Recordade que sempre podedes gañar un soldo de 1000 Euros ó mes se vos toca o sobre de ouro do Nescafé. Só por esto a vosa presencia é inexcusable.

Unha grande aperta a todos

En breve, un adianto do calendario CUFIISTAS....

01/06/2008

OS EFECTOS DO ALCOOL (OU É QUE SON ASÍ?)


Entendemos o de Pablo e David (produto, sen dúbida, dos altos niveis de toxicidade rexistrados nalgúns laboratorios), mais... como se explica o de Carlota???
Será efecto dos chupitos a que convidaron os de Camiños???



ELAS E ELES




Está claro que o sector feminino do CUFIE dá "sopas con onda" ao masculino... Que pintas, por favor!!!