Car@s Cufiístas:
Lembrade que o próximo xoves día 29 de maio cearemos
tod@s en fraternal compañía... nalgún lugar da Coruña ou arredores. Fora suxerido nun primeiro momento "A Roda", ao pé da praza de María Pita, mais parece ser que hai dificultades para deixar o coche por esa zona... David, de Ciencias, falou dunha churrascaría en Matogrande (poderíase, tal vez, estacionar no Carrefour) cun patio interior e tal..., así que, se non hai outras suxestións, podemos cear alí (se é que non hai
vexetarian@s no grupo!).
Agora só nos falta saber o nome do restaurante e o enderezo certo e... confirmar a vosa presenza! Mandade, por favor, a confirmación a Xoán, de Filoloxía (
caion881@hotmail.com) o máis axiña posíbel e, en breve, enviarémosvos "instrucións".
Recordámosvos que non se pode sorber nin comer cos dedos. E, para os que teñan necesidade urxente de roncar (como aconteceu no curso de relaxación), habilitarase un recinto especial.
Grazaaaasssssssssssssssssssss!!!