Car@s Cufiístas:
Lembrade que o próximo xoves día 29 de maio cearemos tod@s en fraternal compañía... nalgún lugar da Coruña ou arredores. Fora suxerido nun primeiro momento "A Roda", ao pé da praza de María Pita, mais parece ser que hai dificultades para deixar o coche por esa zona... David, de Ciencias, falou dunha churrascaría en Matogrande (poderíase, tal vez, estacionar no Carrefour) cun patio interior e tal..., así que, se non hai outras suxestións, podemos cear alí (se é que non hai vexetarian@s no grupo!).
Agora só nos falta saber o nome do restaurante e o enderezo certo e... confirmar a vosa presenza! Mandade, por favor, a confirmación a Xoán, de Filoloxía (caion881@hotmail.com) o máis axiña posíbel e, en breve, enviarémosvos "instrucións".
Recordámosvos que non se pode sorber nin comer cos dedos. E, para os que teñan necesidade urxente de roncar (como aconteceu no curso de relaxación), habilitarase un recinto especial.
Grazaaaasssssssssssssssssssss!!!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
3 comentários:
A Leticia, de Filologia, sugere outro restaurante: "La Tagliatella" (comida italiana, of course), na r/Alfredo Vicenti 12-24 da Corunha. Está a 200 metros do Passeio Marítimo e próximo da Praça Mestre Mateu.
Parece ser que se come bem, a bom preço, e é um local grande.
Segundo a Leticia, nom há tantas dificultades para estacionar como pode parecer e, polo menos, temos perto lugares para tomar algo depois da ceia. Que vos parece?
Cilha
Hola Hola
A mi me parece buena cualquier opción, para que lo voy a negar, siempre que haya fiesta!!
Creo que la mejor opción, pensando en la gente que no vive en Coruña, sería escoger un sitio que no estuviese en el centro o incluso buscar algo en las afueras, a ver si así se animan a venir !!, Se esperan todo tipo de opiniones
Buen finde a todos
Bea
Ola!
Canta envexa (sá) me dades, co mal que se come por eiquí. Deixádeme a lo menos as leftovers, os restos, vamos :-).
Xa que unha cea virtual para os/as ausentes sería complicado (ainda que con todo o aprendido tería que sair doadamente ;)) e moi esixente pola miña parte, agradecería testimonios gráficos do evento lúdico-gastronómico.
Agardo eu que haxa máis ceas!!!.
Biquiños.
Estefanía
Postar um comentário